Enfoque das capacidades | |
---|---|
Instancia de | teoría económica, teoría ética e teoría política ![]() |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] |
O enfoque das capacidades (en inglés: Capabilities approach) é unha aproximación normativa ao benestar humano que se centra nas capacidades reais das persoas para alcanzar unha vida que valoren, no canto de atender só á posesión de dereitos e liberdades.[1] Foi desenvolvido na década de 1980 como unha alternativa á economía do benestar.[2]
Os seus creadores, Amartya Sen e Martha Nussbaum, combinaron unha serie de ideas tradicionalmente excluídas das perspectivas tradicionais, ou que non eran tratadas de xeito adecuado. O núcleo do enfoque das capacidades é mellorar o acceso das persoas ás ferramentas que necesitan para vivir unha vida satisfactoria.[1][3] Xa que logo, ten fortes conexións coa sustentabilidade.[4]